14-04-2009
(2) Comentarios
03-04-2009
Desde hoxe non se actualizará máis a páxina da Axencia Audiovisual Galega por razóns técnicas. Foron dous anos e medio de incesante actividade onde tentamos amplificar todas as novas que chegaron aquí, viñeran de onde viñeran, dos grandes ou dos pequenos, das cidades ou das aldeas. Tan só queremos darvos as grazas aos máis de 2.000 lectores diarios deste portal e a outros moitos que seguiron os nosos avatares independentemente de cores e posicións persoais.
Neste tempo intentamos traballar para todos, con equilibrio e obxectividade desde a Consellaría de Cultura e Deporte, porque non houbo ninguén que se achegara ata nós que non atopara acubillo, consello, complicidade e axuda.
Respecto dos proxectos nos que estabamos e os temas pendentes, non hai motivo de preocupación, porque todo seguirá funcionando con normalidade:
Os contidos xa publicados da páxina seguirán activos para que podan ser útiles aos que a consultedes con regularidade
Todas as convocatorias (talento, curtas, produción, desenvolvemento e interactivos) fixéronse en tempo e prazo. Nunca na historia da cultura audiovisual do país se presentaron tantos proxectos de empresas ou creadores, o que é un índice da súa credibilidade e limpeza e que ademais fainos sentir moi orgullosos. Queda aberta aínda a convocatoria de axudas automáticas, unha convocatoria novidosa e arelada pola industria audiovisual -unha auténtica conquista histórica- ata o 30 de outubro.
A institución que xestiona os expedientes e as solicitudes é polo momento Agadic Ese será o organismo onde podedes resolver as vosas dúbidas ou acadar a información que precisedes; todo se xestionará desde o mesmo local e coas mesmas funcionarias da Axencia Audiovisual Galega as que xa coñecedes tanto as empresas como os creadores.
O programa "Cinemas dixitais" seguirá ata finais de abril coa programación da "Semana do audiovisual galego" en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual para os Mestre Mateo do 30 de abril. Quedan na carteira os ciclos "Documentarios galegos 2" e "Cinema portugués contemporáneo"..
Flocos.TV ten garantida a súa continuidade ata o 31 de maio con estreas diarias, ciclos semanais e algunhas melloras que conducirán a nova versión renovada de Flocos 2.0.
O programa "Memoria do século XX" continuará no seu labor de rescate de Super 8 e outros incunábeis do audiovisual galego ata outubro deste mesmo ano.
Pola nosa parte, nada mais, desexamos de corazón moita sorte a tod@s @s que solicitaron axudas neste ano, pedimos desculpas se non soubemos estar á altura as veces e unha recomendación -especial para esta xeración de novos creadores que agromou neste tempo-: porfiade e insistide. Como dicía Maiakoski: "Máis vale perderse na paixón que perder a paixón". Este compromiso e o amor polo bó cinema foi o único leit-motiv que motivou todo o noso traballo neste tempo.
A tod@s moitas grazas...
Manolo González
Axencia Audiovisual Galega
(56) Comentarios
03-04-2009
Durante os dous anos e medio da páxina da Axencia Audiovisual Galega xerou máis de 2700 novas alcanzando, así, un dos seus obxectivos: ser o punto de encontro e información do sector. Este despregue de información foi unicamente mérito de todos os axentes do sector audiovisual galego que consideraron a esta web un excelente divulgador da actualidade.
Comentarios
02-04-2009
Comentarios
26-02-2009
(3) Comentarios
03-04-2009
Cando aínda están a chegar as solicitudes de axudas do presente ano e falta por iniciar o proceso de avaliación, os números nas distintas categorías se disparan e as previsións sitúanse na cifra de case 700 proxectos totais como suma de todas as modalidades e convocatorias de axudas. Unha cifra que fala ben as claras da confianza de creadores e empresas na calidade e transparencia nas convocatorias de axuda ao audiovisual.
Comentarios
03-04-2009
Ao longo destes anos traballouse arreo para configurar un sistema público de axudas novidoso para poñer o aceno nos proxectos como única posibilidade de trapasar fronteiras. Un sistema baseado no principio de igualdade de oportunidades e que deu numerosos froitos ao longo destes anos e sobre todo agromarán en anos sucesivos. Unha política de axudas que tivo seu colofón nas bolsas para creadores individuais e as tan demandadas axudas automáticas para a industria.
Comentarios
30-03-2009
Era unha demanda histórica do sector audiovisual galego desde fai tempo e hoxe viuse publicada no DOG tras un intenso traballo ao longo destes anos por parte da Axencia Audiovisual Galega en colaboración coas asociacións patronais do sector (Agapi, Aega, Cluster). A Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) acaba de publicar as axudas automáticas para a amortización de custos de produción de longametraxes cinematográficas, telefilmes e documentais de interese cultural galego.
(1) Comentarios
19-02-2009
Onte pola tarde e hoxe pola mañá produciuse un troco de teléfonos polo que, para porse en contacto telefónico coas distintas personas que traballan na Axencia Audiovisual faise pública a nova listaxe de números de teléfonos.
Comentarios
03-04-2009
E despois de facer as películas qué? A Axencia Audiovisual Galega era consciente de que o seu traballo non remataba aquí polo que democratizou a información relativa a festivais e puxo ao servizo de todas as produtoras e creadores unha base de datos de máis de 300 festivais de todo o mundo.
Comentarios
02-03-2009
Comentarios
03-04-2009
Que non hai ideas en Galicia? Só entre os guións subvencionados hai un "banco de historias" dispostas a materializarse. Ficción de todo tipo de xéneros e documentais sobre distintos aspectos da realidade, traballos de guionistas veteranos e noveis, historias na procura de productor e do coñecemento do público.
Comentarios
03-04-2009
Durante os últimos quince anos o discurso sobre o audiovisual galego estivo focalizado cara a produción denominada "industrial" o que logrou transmitir a cidadanía que o cinema galego só era iso. As novas tecnoloxías permitiron o abaramento da produción audiovisual polo que desde fai uns anos apareceron novos creadores que reformularon a linguaxe do audiovisual galego. Eles son... o "mundo paralelo"!
Comentarios
03-04-2009
Outro dos novos camiños abertos para o audiovisual galego pola Axencia foi a aposta –única no estado español- polos contidos interactivos e videoxogos, que mereceu a felicitación da Asociación Española de Produtores de Videoxogos ou a transposición da nosa normativa noutros territorios como Euskadi.
Comentarios
28-11-2008
Parece que foi hai moito tempo, mais tan só pasaron dous anos, nen sequera unha lexislatura, desde que tal día como hoxe comezara a súa andaina a Axencia Audiovisual Galega. Foi un parto difícil mais a súa creación foi motivada para intentar conducir unha política audiovisual propia e singular. O seguinte memorandum da Axencia Audiovisual Galega quere conmemorar este aniversario e, a súa vez, facer reflexión sobre o que foi o pasado e para onde se camiña o futuro do audiovisual galego.
(20) Comentarios
25-03-2009
Comentarios
03-04-2009
A onde te podes dirixir para saber a existencia dun filme do audiovisual galego? Onde podes atopar a maior listaxe de profesionais e de empresas e identificar o profesional que necesitas? A web da Axencia Audiovisual Galega é o maior punto de encontro no espazo virtual para o sector audiovisual, tanto para as súas obras como para os seus responsábeis. En total máis de 1850 títulos producidos desde 1973 ata o 2009 cunha completa información sobre os máis de 2300 profesionais que os fixeron posíbeis.
Comentarios
03-04-2009
O mundo do audiovisual precipítase constantemente cara a evolución tecnolóxica. Moita produción fica aprisionada en formatos analóxicos que impiden a súa reproductibilidade e, polo tanto, a súa visibilidade. Esta máxima acúsana sobre todo as producións domésticas e familiares que fican esquecidas en alacenas e faiados. Sorpresas que agardaban desesperadas por un proxecto como o de Memoria do século XX.
Comentarios
03-04-2009
A Axencia Audiovisual Galego tamén quixo ser un repouso para a calma, para propiciar a reflexión e facilitar que os investigadores e críticos do audiovisual galego compilasen os seus textos teóricos. Unha escolma de traballos publicados e orixinais pertencentes a un amplo abano de representantes do corpo teórico do audiovisual galego.
Comentarios
01-04-2009
(6) Comentarios
15-07-2008
Comentarios
03-04-2009
O cineclub do audiovisual galego consolidouse como a mellor ferramenta de exhibición do audiovisual galego en toda a súa historia. Un proxecto que xunta o esforzo de moita xente que apostou por un proxecto que dera visibilidade a moitas das producións que fican agochadas sen o seu encontro co seu público natural. Flocos é unha iniciativa orixinal e con futuro e así foi recoñecido desde fora de Galicia por crítica e medios especializados.
Comentarios
02-04-2009
Ante a espera das novas posibilidades dixitais na distribución de audiovisuais a Axencia Audiovisual Galega puxo en marcha os Cinemas Dixitais un rizoma cultural esparexido por todos os recunchos de Galicia. Os Cinemas Dixitais é unha rede de exhibición alternativa e unha estrutura de promoción e difusión da produción audiovisual galega con 176 concellos en programación e 335 salas de exhibición.
Comentarios
13-03-2009
Onte fixéronse pública a listaxe de nominacións para as distintas categorías dos Mestre Mateo 2008 que organiza a Academia Galega do Audiovisual. Esta consideración enche de ledicia a todo o equipo que está deste proxecto de promoción do audiovisual galego e supón un dos puntais aos que chegou a Axencia Audiovisual Galega.
(2) Comentarios
15-11-2007
(5) Comentarios