Grabación de Intertextos (II): ´Dramas en feminino´

21-11-2007 

O día 18 de outubro tivo lugar a segunda edición de Intertextos na FNAC A Coruña. O tema das proxeccións e debates foi o de "Dramas en feminino" no que se deron cita as obras de tres xoves creadores galegos Jairo Iglesias, Jhaleb Ghaber e Daniel Domínguez.

As curtas seleccionadas foron Amelia e as sereas de Jahber Ghaleb, Meniña de Daniel G. Domínguez e Rosa dos Ventos de Jairo Iglesias. Tras as proxeccións houbo un debate no que os seus autores falaron das coincidencias e diferenzas nas perspectivas de abranguer os dramas en claves femininas. Esta conversa recóllese neste arquivo de imaxe en windowns media cde 7,20 MG.

Intertextos é un marco de de colaboración co fin de promocionar e dar a coñecer as producións máis destacadas das amparadas dentro do escenario da creación individual.

Intertextos é unha colaboración entre a Fnac e a Axencia Audiovisual Galega deu comezo no mes de setembro e terá continuidade ao longo do ano con periodicidade mensual mediante unha serie de proxeccións de curtametraxes e debates sobre elas, xirando entorno a intertextualidade suscitada por cada obra segundo as especificacións técnicas ou narrativas de cada caso e reunindo aos directores con prestixiosos invitados procedentes de diversas ramas creativas.
Para descargar a grabación ver:

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade