´Incomunicados´, curtametraxe producida por Erica Esmorís, pódese ver na rede

06-02-2007 Esta curtametraxe de ficción súmase a iniciativa de promocionarse en Internet. Pódese ver no site de www.laislafilms.blogspot.com. Incomunicados foi unha curtametraxe subvencionada pola Consellaría de Cultura e Deporte con 5.000 euros e contou coa colaboración de Rende e ADIF.

O aproveitamento de novas canles de distribución e exhibición é unha constante que vai en aumento no audiovisual galego e que é explotada, sobre todo, por xente que comeza neste eido ou por productoras pequenas. Este último caso é o de Erica Esmorís que ten a productora, de recente creación, Laisla films. Esta proposta está enfocada para que podan acceder a ela os membros da Academia do Audiovisual Galega para ter coñecemento de causa nas súas votación para os Mestre Mateo ao mellor curtametraxe, categoría na que foi seleccionada Incomunicados.

Esta curta foi dirixida por Juan Galiñanes, contou no reparto con Luís Zahera e estiveron arroupados por un equipo técnico heteroxéneo nos que destacan Sergio Moure, Caamaño Castro ou Ramiro Devesa. Nesta web pódese ver a curtametraxe, a ficha técnica e algunhas notas do "como se fixo".

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade