Dani de la Torre presenta a súa curtametraxe ´Bos días´ na rede

09-02-2007 

Bos días súmase á exhibición na rede tal como xa fixeron outros candidatos que optan a ser nominados ao Premio Mestre Mateo á mellor curtametraxe.

Esta obra conta unha historia en clave de comedia que describe e critica, de maneira moi acertada, os valores é os principios que rexen a nosa sociedade contemporánea. Foi dirixida por Dani de la Torre e desta o seu equipo artístico onde figuran actores da talla de Ricardo Barreiro, Xavier Deive Martínez, Maxo Barjas, Ledicia Sola e José Barato. Esta curtametraxe contou para a súa realización cunha axuda por parte da Consellaría de Cultura e Deporte duns 11.452 euros.

En internet pódese ver na seguinte ligazón:
Podes ver outras curtametraxes candidatas na sección TEU TUBO na Mediateca desta páxina

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade