04-02-2008 O proxecto "Opticas cruzadas" foi deseñado por Comba Campoy García como parte da programación audiovisual da Feira do Libro da Habana, orgaizada pola Consellaría de Cultura e Deporte.
PROXECTO ÓPTICAS CRUZADAS
Dentro da programación audiovisual galega para a Programación Audiovisual da Feira do libro da Habana , pareceu interesante achegar un elemento de creación que contribuíse a amosar unha imaxe do audiovisual que se fai actualmente en Galiza máis aberta da que habitualmente se amosa no exterior. Ademáis das tradicionais mostras que inclúen estas programacións, incorpóranse debates (as mesas redondas que terán lugar no Centro Hispanoamericano en paralelo á FILH) e máis unha actividade de tipo creativa que permitise un contacto entre profesionais do audiovisual galego e cubano.
Xorde así o proxecto ÓPTICAS CRUZADAS, un proxecto que se foi definindo in progress, ao mesmo tempo no que os contactos entre os catro realizadores galegos e os seus catro correspondentes cubanos ían frutificando.
Estos son os proxectos en produción:
PEZA DOCUMENTAL. Margarita Ledo e Belkis Vega.
A cargo de Margarita Ledo, na actualidade a máis destacada realizadora galega neste xénero, a máis arriscada nas formas e na elección dos temas a tratar. O feito de que a súa nai nacera en Cienfuegos foi o punto de partida empregado para o desenvolvemento da historia que, a modo de correspondencia cinematográfica, emprendeu coa directora cubana Belkis Vega. Esta peza, de aproximadamente 10 minutos de duración, será presentada o día 16 de febreiro na sala 1 dos Cines La Infanta.
PEZA EXPERIMENTAL. Alberte Pagán e Eduardo Moltó
Estes dous artistas non se coñecían entre sí, e as súas traxectorias artísticas son ben distintas. Por unha banda, Pagán, especialista en video experimental, ten comisariado distintas exposicións sobre o tema na Galiza, e é autor de varias obras sobre o tema. Só hai poucos anos se lanzou á faceta creativa, sorprendendo ao público con pezas como “Como foi o conto”, “BsAs” ou “Pó de estrelas”. Pola súa banda, Moltó é artista plástico pero moi pronto se interesou polo audiovisual como soporte para a súa obra. Ten un recoñecido prestixio na Illa e a súa obra ten viaxado ao estranxeiro en numerosas ocasións. O contacto entre dous perfís tan distintos está avanzando vertixinosamente e o resultado será, de seguro, sorprendente. Polo momento, sabemos que o punto de partida será a captación dun día da vida cotiá na Habana (Moltó) e nunha vila galega (Pagán), montados de xeito visualmente inusual. A peza, duns 10 minutos, será presentada ao remate dunha mesa redonda sobre Video Experimental en Cuba e en Galiza que terá lugar no Centro Hispanoamericano de Cultura o día 15 de febreiro.
PEZA DE FICCIÓN. Cora Peña e Ernesto Daranas
Neste caso, a ficción beberá necesariamente da realidade. A partir dunha idea previa do realizador cubano Ernesto Daranas, que estreou hai poucas semanas a súa primeira longa de ficción, “Los dioses rotos”, Cora Peña encargaráse da montaxe definitiva dunha curtametraxe de ficción rodada entre a Habana e Galiza. Unha historia de amor coa emigración como obstáculo, onde unha neta descobre por unha carta sen enviar que o seu avó deixou un gran amor na Galiza. A busca que emprende a rapaza cubana inicia esta emotiva historia. Neste momento, Cora Peña, realizadora, guionista e montadora galega que destacou con curtas multipremiadas como “Last Patrol”, ultima a edición desta peza que será presentada no Centro Hispanoamericano de Cultura, o dia 22 de febreiro.
PEZA DE FICCIÓN-DOCUMENTAL. Mario Iglesias e Natasha Vázquez
Consecuentemente co carácter aberto do proxecto ÓPTICAS CRUZADAS, estes dous creadores decidiron darlle unha volta á proposta inicial de emprender unha correspondencia audiovisual, e decidiron cambiar as tornas. Deste xeito, Mario Iglesias, un dos directores máis orixinais que nos ten dado o audiovisual galego nos últimos tempos, recoñecido polos numerosos premios recibidos polas súas obras (nomeadamente “Nais”), e que está a piques de estrear dúas longametraxes (“De bares” e “Cartas Italianas”), propuxo que a ollada dun galego coma el tentase captar a vida dunha pequena vila do interior de Cuba, e que a súa correspondente cubana, a documentalista Natasha Vázquez, reflexionase pola súa parte sobre ese proceso polo cal o director galego transforma o día a día desa comunidade nun universo de realismo máxico. O resultado concreto deste intercambio, agora mesmo en fase de gravación, non ten aínda unha duración definida. É probábel que o contacto creativo entre esta comunidade e o equipo galego dea para unha longametraxe. Ao mesmo tempo, Natasha Vázquez, que coñece ben Galiza e ten gravado no noso país boa parte da súa obra (“Fillas de Galicia”, “Los últimos gaiteros de la Habana”...) ten previsto que o seu traballo con Mario Iglesias desemboque nunha peza documental. Un adianto desta obra será presentada na sala 1 dos Cines La Infanta, o día 23 de Febreiro, previamente á proxección de De Bares, de Mario Iglesias.
Obxectivos e difusión do proxecto:
Agardamos que o horizonte da Feira do Libro da Habana de 2008 non signifique máis ca un primeiro paso na andaina deste proxecto, do que agardamos resulte unha relación creativa entre profesionais do audiovisual galego e cubano que dea pé a outras pezas audiovisuais no futuro. Ademáis, en canto á difusión das pezas, contamos coa colaboración do Festival de Cine Pobre de Gibara para a súa proxección, así como as presentacións pertinentes que terán lugar en Galiza,