12-02-2008 A curtametraxe de animación en stop motion O ATAQUE DOS KRITERS ASASINOS, rodado pola produtora coruñesa IB Cinema, sigue colleitando premios, ao gañar este fin de semana o seu décimo galardón, no festival de cinema de Estepona, onde alzouse co premio ao mellor traballo de animación.
Entre os outros premios gañados por esta comedia de terror atópase o festival de cinema de Elche e a prestixiosa Semana de cinema fantástico de San Sebastián. "O ataque dos kriters asesinos" foi emitido por Canal Plus e en breve emitirase por TVE, dentro do programa "Versión Española". A cinta atópase dirixida por SAM, ex-animador dos Estudios Aardman de Bristol, que conta no seu curriculum con máis de setenta premios nacionais e internacionaís e que, actualmente, atópase finalizando para IB Cinema a rodaxe de "The werepig", segundo os seus responsábeis, “a obra máis ambiciosa en stop motion xamáis rodada en España”. Ámbolos dous proxectos foron subvencionados pola Consellaría de Cultura e Deporte.