´Xares, o río que nos leva´, de Pedro Prada Blanco, emitirase en Galicia Documental

15-02-2008 

O vindeiro sábdo, 16 de febreiro, en horario de sobremesa, vai ter lugar a estrea do documentario XARES, O RÍO QUE NOS LEVA  , dirixido polo realizador de Valdeorras Pedro Prada Blanco.

2
Pedro Prada Blanco

Este documentario, que xa tivo unha estrea no Festival de Ourense do ano pasado, vai emitirse por primeira vez na Galega dentro do programa Galicia Documental.
Xares, o río que nos leva é un documentario que conta o conflicto causado pola construcción dun do primeiros enconos en Galicia nos primeiros anos do franquismo. Un conflicto social silenciado polo réxime mais que pervive na memoria dos veciños.
Unha produción que convina diversos materiais como fotografía, material de aquivo e incluso imaxes submarinas. Unha elexía ao paso do tempo, ao pasado engulido polas augas.


Este documentario foi subvencionado pola Consellaría de Cultura e Deporte no ano 2007.

  •  
    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade