Mostra de Curtametraxes 07, gala da EGACI para amosar a súa produción anual

27-02-2008 

O vindeiro venres, 29 de febreiro, no Centro Social Caixanova (Policarpo Sanz, 22-26) de Vigo vai ter lugar a Mostra de Curtametraxes 07 onde a Escola Superior de Artes Cinematográficas de Galicia amosará a súa produción académica anual.

As curtas proxectadas no evento serán GUTBAI, CHARLY (2007) ,de Jorge Cassinello, NADA (2007) de Diego Pazó e A GUERRA DOS AVÓS (2007) de Oscar Galansky. Tamén se realizarán unha serie de obradoiros que se impartirán na escola, abertos a todo o público, desde o mes de marzo.

Sinalar que na segunda parte da mostra farase unha pequena mais sentida homenaxe ao actor Xan Bravo, falecido no ano pasado. Un recoñecemento que se fai pola súa labor desinteresada que sempre brindou á escola.

  •  
    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade