18-04-2008
Leo, a quinta cutametraxe de animación do Director santiagués Fernando Cortizo, está a recoller éxitos no circuito de festivais e acaba de ser seleccionada no Festival de cine de Alicante.
En apenas dous meses de andaina, Leo xa foi seleccionada nos certames de Redondela en curto, Fotogramas, Átalo en corto, Festival Radio City de Valencia e o Festival Internacional de Medina del Campo. A curta, segue a súa fase de promoción en festivais nacionais e internacionais.
Leo é unha curtametraxe de animación, coa técnica stop-motion con plastilina, interpretada por Carlos Blanco, Xosé Manuel Olveira "Pico" e Ernesto Chao, e producida por Artefacto Producións que recibiu a axuda para a súa producción da Consellería de Cultura e Deporte na convocatoria de 2007.