22-05-2008
O último filme realizado pola produtora Continental, ópera prima do porriñés Ramón Costafreda vai a estrearse mañá venres, as 22h00, nos Cines Filmax da Coruña do Centro Comercial El Puerto.
ABRIGATE foi dirixida por Ramón Costafreda ("Mais que irmáns") e protagonizada por Félix Gómez ("EL camino de los Ingleses", "Las 13 rosas), Manuela Pal ("Vientos de Agua"), María Bouzas ("Unha muller invisible", "Atlas de Geografía Humana"), Javier Lombardo ("Historias mínimas") Celso Bugallo ("Mar adentro", "Pudor") así como outros actores galegos.
Abrígate é un filme de amor, sentimentos e emocións, a cabalo entre Galicia e Arxentina. Foi producida por Continental, SB Producciones, Patagonik e Oberón Cinematográfica, en produción asociada con TVG. Conta coa participación de TVE, coa colaboración de ICAA, Cine Argentino, Audiovisual S.G.R., así como co apoio da Xunta de Galicia, ICIC, Ibermedia e Raíces.
Mais información:
El correo gallego
La voz de galicia