´Berberecho II´, de José Manuel Bazarra, gañou o Fórum de Creadores do Filminho

29-07-2008 

O pasado sábado pola mañá tivo lugar na Biblioteca Municipal de Cerveira o desenvolvemento do Fórum de Creadores onde se presentaron seis proxectos. Segundo o xuri o proxecto gañador foi Berberecho II de Xosé Manuel Bazarra Maneiro ´Sepi´

O proxecto Berberecho II é a segunda parte da afamada curtametraxe do ano 2001 onde o realizador facía unha descripción do mundillo que frecuentaba o célebre bar de Santiago que leva o nome Berberecho.
Nesta ocasión Bazarra volve a coller o personaxe interpretado por Carlos Villa para, 8 anos despois, seguir facendo unha taxonomía da sociedade contemporánea mais, desta vez, durante a singladura nun ferry que ten un folio co nome de Berberecho II.

A Asociación Morraceira aportará 2.000 euros para a realización da curta que se fará unha vez o realizador remate co proxecto que está na actualidade, a longametraxe, Setembro.

  •  
    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade