A animación galega protagonista do II Encontro Baiano de Animação (Animaí)

21-08-2008 

A Axencia Audiovisual Galega foi convidada polo Instituto Cervantes de Salvador para participar no II Encontro Baiano de Animação, o Animaí! A Axencia Audiovisual galega fixo unha escolma entre as curtas de animación de Galicia realizados nos dous últimos anos.

Neste encontro de Brasil Galicia foi o país convidado polo Instituto Cervantes do Salvador para facer unha retrospectiva das súas curtametraxes de animación.

O Animaí vai ter lugar do 21 ao 28 de agosto. O día dedicado a Galicia vai ser o 22 na sala Walter da Silveira. As curtametraxes que se van a proxectar en dúas sesións son: A flor máis grande do mundo, Mar-xen, A meiga chuchona, O bufón e a infanta, A revolta dos mouses, Carne de Cañón, O ataque dos kritters asasinos, Homeless, sen teito, Leo, Don Señor e o home do soño, Man e 1977.

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade