A incansable corrente de ´Auga´, de Ozo, percorre o mundo

01-09-2008 Auga, de Ozo, está sendo unha das curtas galegas máis viaxeiras nos festivais internacionais. Nos vindeiros días representará a Galicia en Huesca, California, Bretaña Francesa, Xapón e Ourense. Estas son as vindeiras citas desta curta subvencionada pola Consellaría de Cultura e Deporte no 2006.

A semana pasada estivo no Certame de Cine Extraño y Agroterror de Javierrelatre (Huesca). Foi seleccionada tamén no no Dead Channels Film Festival de San Francisco (California, EUA), que terá lugar no mes de Outubro, entre os días 2 e 9; e no mesmo mes de outubro concursará noutros festivais internacionais como Sapporo, (Xapón), Rennes (Francia) e Ourense. 

  •  
    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade