Estrea de ´Espírito do bosque´, de David Rubín e Juan Carlos Pena

11-09-2008 

O terceiro longametraxe do estudio de animación Dygra Filmes, ESPÍRITO DO BOSQUE  Espírito do bosque, estréase o próximo venres, 12 de setembro en máis de 200 salas de toda España, distribuída por Manga Films. O elenco de actores na versión española está encabezado por Luis Merlo, María Adánez e Juan Ibáñez e Damián Molla.

Mañá chega ás carteleiras as aventuras de Furi, Linda, Piorno e Cebolo. Das 13 copias que se verán en Galicia, cinco contarán con versión en galego. Son os Filmax da Coruña e Lalín, o Gran Vía de Vigo, os Multicines Centro de Lugo e o Gran Vía de Vigo.

A estrea da película prodúcese poucos días despois de que o Festival Internacional de Cinema Infantil de Chicago anunciase que foi seleccionada para competir na súa sección oficial. O certame, que terá lugar entre os días 23 de outubro e 2 de novembro de 2008, celebra nesta edición o seu 25 Aniversario.

  •  
    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade