06-10-2008
O documentario de Memoria Histórica LOBOS SUCIOS , de Felipe Rodríguez, conseguiu o Premio Retino Doc do Festival de Ponferrada outorgado polo público. Esta curtametraxe foi subvencionada pola Consellaría de Cultura e Deporte.
En total, arredor de 300 personas escolleron cos seus votos aos premiados, unha peculiaridade que conecta ao espectador co Festival; "O público agradecido que o seu voto se teña en conta e decida aoos ganadores das curtas a concurso".
Na sección de documentais foron seleccionadas cinco obras entre as máis de 50 propostas recibidas. As finalistas foron:
"Bergeronnettes" de Alicia Van Assche. Mil Ojos Producen, S.L.
"Harraga" de Eva P. Fernández e Mario de la Torre. Creta Producciones, S.L. e Uzala Films, S.L. (premio DOCUMENTA Madrid 08)
"El anónimo caronte" de Toni Bestard. Toni Bestard, P.C. e Leitmotiv
"Lobos sucios" de Felipe Rodríguez. Felipe Rodríguez P.C.
"Valkirias" de Eduardo Soler. Pequeño Produce. P.C., S.L. (nominado aos Goya 08)
A organización do Festival, a cargo de "Mi retina me engaña" valoraba esta edición como un punto de inflexión na consolidación deste festival, e a súa referencia no mundo da curtametraxe.