Estrea de ´Sulfato´, de Abelardo Rendo, en Ribadulla

08-10-2008 

Mañá xoves, 9 de outubro, ás 20h30, na Casa de Santa Cruz de Rivadulla vai ter lugar a estrea da última e agardada curtametraxe de Abelardo Rendo que leva por título: SULFATO.

Abelardo Rendo volve a mirada cara o máis íntimo contando unha historia que está baseado nun relato literario da escritora Paula San Vivente.

Sulfato é unha curtametraxe que se vai poder ver dentro do Panorama Galiza que a Axencia Audiovisual Galega preparou para a vindeira semana no Festival Internacional de Cine de Ourense.

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade