23-10-2008
Segundo o seu director, Omar Rabuñal, "DA MAN DA RAÍÑA VERMELLA está que arrasa en todo o mundo". Esta curtametraxe de terror e suspense continúa a súa andaina por festivais internacionais.
Ademáis de estar seleccionada e ser xa semifinalista (á espera da resolución para chegar á final) no festival de cine de terror de Molins de Rei, forma parte da sección oficial do festival internacional "Santiago Rojo Sangre" de Chile. Tamén competirá no certame internacional de cortos de Ciudad de Mercedes de Argentina.
E por último, xa é finalista no festival CON-CAN de Tokio. A este festival asiático presentaronse máis de 2000 traballos de todo o mundo, dos cales se escolleron 80 e destes pasaron á final 20. Queda por saber que curtas serán premiadas, o cal se resolverá en breve.
Os links:
http://www.terrormolins.com/noticia.php?article_id=73
http://certamendecine.blogspot.com/2008/07/pregunta-de-ignacio.html