14-11-2008
A curtametraxe PALÍNDROMO, da directora Eva Quintas Froufe, recibiu dous premios: á mellor curtametraxe e á mellor actriz principal para Mariña Sampedro no XVI Festival Gaztebideo celebrado en Victoria-Gasteiz. A curta tivo unha axuda da Consellaría de Cultura e Deporte.
Ademais estivo nominada nas seguintes categorías: mellor director, guión, mellor idea e película con máis valores. O xurado desta edición estivo composto por Kepa Sojo, Iban Garate e Jesús Ruiz.
Agora, Palíndromo continúa a súa andadura por festivais. Recentemente foi seleccionada no certame de curtas da Universidade Politécnica de Madrid, no Festival Moracción e no Young Directors Forum organizado polo Méribel Ad Festival (Suresnes, Francia).