24-11-2008 Durante o Festafife, que se celebra do 21 ao 29 de novembro, preséntanse sete curtametraxes de animación galega que xunto coa portuguesa e a inglesa forman o programa do festival dedicado ao teatro de marionetas e cinema de animación.
Nos próximos días, ata o venres, o Festival Internacional de Marionetas e Cinema de Animación de Viana do Castelo ofrece o programa dedicado ás produccións de animación galega destes últimos anos. A selección está integrada pola diversidade temática e técnica d´A flor máis grande do mundo de Juan Pablo Etcheberry; 1977, de Peque Varela; Leo, de Fernando Cortizo; O ataque dos Kriters asasinos, de Sam Orti; Carne de cañón, de Darío Fernández; Homeless, sen teito, de Diego Méndez; Minotauromaquia, de Juan Pablo Etcheberry.