´Quen son?´, de Eloi Lozano, en Galicia Documental

09-01-2009 A versión para TV da longametraxe dixital  Quen són?, de Eloi Lozano, pasasarse no contentor dos documentais da TVG da sobremesa dos sábados.O proxecto foi apoiado pola Consellaría de Cultura e Deporte dentro da modalidade longametraxe en soporte dixital.

Quen son? Aporta unha visión singular con mirada propia sobre Galicia e os seus habitantes arredor da idea da identidade como base sustentadora que vai conformar unhas persoalidades diferenciadas sicolóxica e socialmente.A estructura é de documental mais ou menos ficcionado ou experimental con incursións dentro do mundo da videocreacion.

Realizada e producida polo director e creador galego Eloi Lozano, dende a Axencia Audiovisual galega recomendamos vivamente o seu visionado na sobremesa do sábado desta fin de semana fría de inverno. Compartir e comprometernos cos traballos do resto dos creadores galegos é o mellor xeito  para xerar sinerxias e potenciar o colectivo do noso audiovisual .

  •  
    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade