´O club da calceta´ consegue o Gran Premio do Famafest 2009 (Portugal)

22-03-2009 

O filme de Antón Dobao e producido por Ficción producciones tivo unha excelente acollida no Festival Internacional de Cine de Famalicâo, un festival que aborda as relacións entre o cineMA e a literatura incentivando o estudio das complexas e contraditorias relacións que existen entre estas dúas vías narrativas.

FOTO 4
Xullo Casal, produtor do Club da Calceta recollendo o premio
portada
FOTO 2
FOTO 2
FOTO 3

"O club da calceta”, que na súa primeira exhibición pública terminou por acadar o primeiro premio do Famafest , é unha adaptación libre da novela do mesmo nome de María Reimóndez que narra a historia de varias mulleres de diferentes estratos sociais paradigmas dunha sociedade machista e clasista. Un relato coral de corte naturalista que pouco a pouco transfórmase e dá paso a unha trama de misterio.O telefilme tivo unha axuda da Consellaria de Cultura e Deporte no 2008.

O filme galego entraba en competición, entre outros, co interesante filme alemán “12 Means: I Love You” de Connie Walther, unha obra baseada nunha historia real que acontece na Alemania Oriental, ano 1985, onde unha disidente  termina por namorarse e casar co seu interrogador e oficial da Stasi. Un filme que o xurado oficial considerou merecedora do premio á mellor película de ficción.

O Famafest, dirixido polo cineasta Lauro Antonio, ven impoñéndose coma un dos festivais máis interesantes no ámbito nacional e internacional especializado nunha temática tan pouco habitual nos certámenes cinematográficos como o da adaptación literaria.

Contou cunha participación de trescentas obras inscritas procedentes de varios países das que máis de trinta foron seleccionadas a concurso e entre as que se atopaba a curtametraxe “O cazador” do realizador galego Angel Santos Touza.

O seu diversificado programa ofrecía  ciclos paralelos nos que  homenaxeaba a escritores tan recurridos no cine como Edgar Allan Poe, no 200 anos do seu nacemento, e o  xaponés Yukio Mishima a través de varios filmes que subliñan a súa particular relación co cinema.

 Palmarés:

Premio á mellor película: “O club da calceta”,  de Antón Dobao

Premio á mellor película de ficción: “12 Means: I Love You”, de Connie Walther

Premio ao mellor documental: “Mestre-Cantor de Wagner, Siefried de Hitler- A vida e o tempo de Max Lorenz”, de Eric Schulz.

Premio á mellor película lusófona: “Fernando Lopes Graça”, de Graça Castanheira

Premio á mellor obra xoven: “Cántico negro” de Helder Magalhâes

  •  
    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade