18-04-2007
A estrea desta curtametraxe vai ter lugar o vindeiro xoves 19 de abril, ás 20 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación de Pontevedra.
Este sitio foi escollido porque a meirande parte do equipo técnico de Premio! está composto basicamente por alumnos de Comunicación Audiovisual que remataron o curso no ano pasado e que tiveron nesta produción o seu primeiro traballo extra-académico.
Esta curta é unha aceda crítica sobre o consumismo e o materialismo no que pode caer a nosa sociedade. A esaxeración da historia supón un extraordinario vehículo para saian a luz os defectos do que se da en chamar capitalismo. Asemade, detrás deste entrabado tamén se deixa ver como a directora ten unha cinefilia rebordante con guiños, citas e metalingüísmos moi interesantes.
Esta curtametraxe realizouse coa axuda da Consellaría de Cultura e Deporte que contribuíu ao orzamento da produción cunha coantía de 5.000 euros.