27-04-2007
Un dos máis afamados documentais realizado nos últimos tempos en Galicia vai ter a súa estrea televisiva na galega mañá sábado, 28 de abril, aproximadamente ás 15:30, no programa Galicia Documental.
Esta produción de Saga TV é un documental no que afonda na temática do cambio climático. Un tema de moita actualidade que é moi ben levado polos directores Javier Silva e Ruth Chao.
Un filme baseado en entrevistas de informantes, neste caso técnicos mundiais especialistas no tema, e cunha escolma de fermosas e impactantes imaxes de arquivo.
2050. How soon is now? é unha produción galega que pode competir perfectamente no mercado audiovisual mundial. Unha viabilidade comercial da que o audiovisual galego non pode arredarse.