07-06-2007
A 22 edición de Cinema Jove, do 16 ao 23 de xuño, contará con presenza galega, cunha obra producida baixo o paraugas das axudas a creadores individuais da Consellaría de Cultura e Deporte, A casa de Lola de Andrés, un documental de Olaia Sendón. O evento tamén contará con outro filme galego O alquimista de Xosé Zapata.
Despois de participar no pasado Festival de Cine Español de Málaga esta curtametraxe participará no Cinema Jove de Valencia. Mais concretamente no DocLab que organizará este festival, una interesante proposta dos directores Adán Aliaga (La casa de mi abuela) e Iñaki Lacuesta (Cravan Vs Cravan). A vocación desta sección é difundir unha selección de curtametraxes que son unha mirada particular das realidades socioeconómicas, culturais, e artísticas do mundo actual e que mostran a aposta dos realizadores do documental por explorar os secretos do linguaxe audiovisual, que serán exhibidos na SGAE.
Con este apartado Cinema Jove desexa abrir ventás ao xénero documental na súa faceta máis experimental. Unha aposta de Cinema Jove para sacar o documental do "gueto" no que está confinado ao considerar que a fronteira que o separa da ficción é arbitraría.
Nesta primeira edición do DocLab poderanse contemplar as curtas-documentais El Cerco de Ricardo Iscar e Nacho Martín, ganador da Berlinale 2006; A casa de Lola de Andrés de Olaia Sendón, un retrato do desenvolvemento urbanístico no litoral galego; O alquimista de Xosé Zapata, un fake histórico, Sevilla City de Juan José Ponce, documental onde se narra a actualidade do Hip Hop sevillano; Salve Melilla de Oscar Pérez que plasma os conflictos sociais en Melilla; Humildad, do valenciano Martín Román, un retrato da solitaria vida dunha ancián; entre outros.
A CASA DE LOLA DE ANDRES (2006) (Olaia Sendón Ogando)