Tv Siete estrea o documental ´2050. How soon is now´?

26-11-2006 O xoves 30 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia de Santiago terá lugar a estrea do documental 2050. How soon is now? da produtora Tv Siete. Este documental contou cunha axuda á produción da Consellería de Cultura e Deporte.

Este mediometraxe documental toca a temática do cambio climático, unha temática de actualidade nos nosos días. A base do filme son entrevistas a expertos que se reuniron nunca conferencia sobre o clima en Canada. Todas estas declaración sobre o futuro da terra están ilustradas cun excelente escolma de imaxes cun montaxe atractivo que reforza as significacións do filme.

Un proxecto ambicioso que, para a empresa galega, a estrea desta produción "culmina un longo proceso de produción en varios paises que Tv Siete abordou con gran entusiasmo e ilusión". O documental 2050. How soon is now? está financiado exclusivamente con capital galego e a colaboración da Consellería de Cultura e Deporte cífrouse en 20.389,20 euros. O produto resultante é un documental moi revelador e didáctico que ten unha moi boa acollida nas grellas das televisión un feito que o demostra as moitas vendas que xa tivo en todos os continentes.

Ficha Técnica: Produción Executiva: Alfredo Alemparte Blanco Dirección: Ruth Chao García e Javier Silva Salinas Guión: Alfonso de la Puente Distribución: Isabella Audiovisual Formato: Betacam dixital e HD Ano: 2006 Duracción: 52 min  

Sinopse: Un informe do pentágono norteamericano de 2004 advirte ao presidente de EEUU que os cambios climáticos abruptos poderían levar ao planeta ao bordo da anarquía e da guerra nuclear diante da dificultade para proverse das subministracións básicos. 2050 aborda o tema do cambio climático apartires da perspectiva das consecuencias que supoñerá para a nosa civilización e do pouco tempo que nos queda para remedialo.

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade