A Axencia Audiovisual Galega mailo CGAC organizan un ciclo de videodanza

19-06-2007 

Mañá comeza no CGAC un ciclo de videodanza onde se revisará as producións máis importantes desta forma visual. As proxeccións serán entre os días 20 ao 24 de xuño.

Entre as obras programadas destacan as producións de videodanza máis importantes dis últimos 20 anos en Galicia xunto a novas propostas que xurdiron da última convocatoria de axudas á produccións de curtametraxes experimentais da Consellaría de Cultura e Deporte.

Así, entre os títulos programados poderemos ver: Código, 1988, de Xesús Vecino Lamas, Batea, 1999, de Xosé Vilaboy, Dous, 2001, de Manuel Gómez Segarra, Intervalo, 2001, de Branca Novoneyra, Fernando Barbeito e Marcos García Cabeza, Liñas rectas. Movéndome. Liñas continuas. Opcións diversas, 2005, Xoán Anleo, Lalínea, 2006, de Xosé González Varela, Estiven en Galicia e lembreime de ti, 2006, Juan Lesta e Belen Montero, Puzzled Feet, 2006, Amparo Martínez, Danza na terra, 2006, Xosé Vilaboy, Cicatriz, 2007, Clara Cicatriz e Katiuska. Agricultura contemporánea, 2007, Antón Coucheiro.

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade