Estrea na Coruña do filme ´Historias dunha torre´

04-07-2007 

Mañá, xoves, 5 de xullo, ás 21h00, no Forúm Metropolitano situado no Parque Europa da Coruña, vai ter lugar a estrea do filme ´Historias dunha torre´. Unha produción engrosada por catro curtametraxes, tres delas -A torre sábeo…, Polo amor de Deus e Entorrados- foron subvencionadas pola Consellaría de Cultura e Deporte no ano 2006.

Este curioso planeamento de produción foi ideada por San & San e Germán Tejada en colaboración con Ardora Films. Este filme, aparte da axuda da Consellaría de Cultura e Deporte, tamén contou cun aporte económico do Concello da Coruña. A curtametraxe O peso do fume foi dirixida polo xove cineasta Hector Dieguez
Historias dunha torre conta catro relatos de diverso signo (xénero de terror, romántico, comedia absurda, drama) que gravitan arredor do símbolo da cidade da Coruña: a Torre de Hércules.

O PESO DO FUME (2006) (Héctor Diéguez González)
ENTORRADOS (2006) (German Tejada Santiago, Carlos Sante Varela, Pablo Sanchez Perez)
A TORRE SABEO (2006) (German Tejada Santiago)
POLO AMOR DE DEUS! (2006) (Javier Garcia Cea)

  •  
    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade