Estrea de ´Formularios truculentos´ e de ´Katiuska´

23-07-2007 

Hoxe, ás 21h00, na Sala Nasa de Santiago de Compostela vai ter lugar a estrea conxunta de dúas curtametraxes; FORMULARIOS TRUCULENTOS de José Luis Díaz García e KATIUSKA (OS CORPOS AGRÍCOLAS) de Antón Coucheiro Filde.

Estas dúas curtametraxes foron subvencionados pola Consellaría de Cultura e Deporte dentro da convocatoria a ´creadores individuais´ do ano 2006.

A primeira, Formularios truculentos, é unha obra de ficción con regusto pola comedia procedente a un constante descodificación de dististos xéneros cinematográficos (policiaco, musical, comedia,...).

Mentres, a obra dirixida por Coucheiro, Katiuska, é unha videocreación, un experimento visual no que se se sitúan distintas prácticas artísticas no rural, forzando un diálogo entre o tradicional e o contemporáneo.

  •  
    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade