Presentación de ´Estiven en Galicia, lembreime de ti

09-08-2007 Os artistas audiovisuais Juan Lesta e Belen Montero presentan no marco de ARTEC na Fundación Luis Seoane a produción experimental en videodirecto:  "Estiven en Galicia, lembreime de ti" o día 11 de agosto.

Estiven en Galicia e lembreime de ti é unha especie de segregación derivada doutras manifestacións artísticas. En termos da arte contemporáneo é unha modalidade máis do chamado "arte durminte", unha especie de rexistro dun proxecto artístico. Para máis inri, resulta que a súa proxección recoméndase cunha posta en escena do "espectáculo" de danza. Este desexo de posta en abismo é para subliñar o elemento da representación, da construcción dunha imaxe artificiosa coas que se alimentan o imaxinario.

Mais entón convén discernir se esta proposta de DSK ten identidade por ela soa, sen necesidade de servir de rexistrador doutro conducto artístico. Estiven en Galicia e lembreime de ti baséase na idea de desmitificación de tópicos sobre Galiza. Unha bailarina pseudofolclorista emprega a súa danza case espasmódica para proceder a intervir espazos de extraordinaria resonancia xeográfica de Galicia. As imaxes sucédense cun jump cut agresivo e repetitivo que agudiza o ritmo da danza. Os escenarios sucédense de maneira alterna e precipitada dándolle ao conxunto certa continuidade hipnótica. Todo isto acompáñase cunha música electrónica con elementos autóctonos (samplers de voces, sons de ferramentas, gaitas,…) que afondan na ironía referencial.

O proxecto tivo unha axuda de 10.255 euros da Consellaría de Cultura e Deporte
Mais información en http://esferobite.com/estiven/
ou en ESTIVEN EN GALICIA E LEMBREIME DE TI 
Crítica: ´Estiven en Galicia e lembreime de ti´ ou variacións sobre imaxes de identidade

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade