Estrea da curtametraxe ´Auga´ o 14 de setembro

11-09-2007 

Auga é unha curtametraxe de Xosé Antón Perozo Porteiro que vai a estrarse o vindeiro venres, día 14, ás 22h00, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

A estrea desta curta vai ir precedida por unha rolda de prensa no Teatro Principal ás 12h00. A curta está dirixida por Xosé Antón Perozo e está interpretado por David Lendoiro. Conta unha historia angustiosa e irreal onde a desesperación vai crecendo por momentos.

Esta curtametraxe recibiu unha subvención da Consellaría de Cultura e Deporte no ano 2006.

AUGA (2006)

  •  
    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade