28-09-2007
Lembrades aquela actividade que se realizou nas dependencias da Fnac Coruña chamada Intertextos?. A proxección da curta CARTOONS de Giselle LLanio e posterior debate con Carlos Portela foi un formato anovador moi interesante. Se daquela non poideches estar presente podes baixar a gravación da conversa en vídeo.
A Fnac da Coruña en colaboración coa Axencia Audiovisual Galega deseñou a actividade cultural denominada Intertextos. Nela visiónase unha curtametraxe dun "creador individual" e despois iníciase un debate entre o director e un convidado doutro campo cultural que proporcione outra perspectiva sobre a obra audiovisual.
O pasado 19 de setembro tivo lugar a proxección de Catoons. No posterior debate analizouse a especial vinculación que ten esta obra coa estética e o universo da animación clásica estadounidense encarnada no Correcamiños e no Coiote. Para iso o mellor convidado que podería existir para tal ocasión era Carlos Portela, un guionista experto no mundo da animación e da banda deseñada.
A Axencia Audiovisual Galega facilita poder baixar esta grabación e o resto dos encontros de Intertextos que se programen. Para facilitar este proceso optouse por unha resolución de pouca calidade porque o máis interesante é o que se fala cas propias imaxes.
CAFÉ & CHURROS: `Cartoons´ ou a poética `A.C.M.E.´!