17-10-2007 Trátase d´ O bufón e a infanta de Juan Galiñanes e A flor mais grande do mundo de Juan Pablo Etcheverry.
A flor mais grande do mundo, unha produción da división de animación de Continental Producións xunta a tres talentos singulares. Na banda sonora, Emilio Aragón, o polifacético artista e hoxe propietario dunha canle de TV; na dirección a Juan Pablo Etcheverry, especialista en animación con plastilina e un dos autores máis premiados do noso audiovisual con curtas como Minotauromaquia ou De Tripas e Corazón. E por último, o autor do conto orixinal e narrador da curta: José Saramago, o premio Nóbel portugués. A curtametraxe ten xa un longo percorrido por numerosos festivais nacionais e interacionais.
Por outra banda O Bufon e a Infanta dirixida por Juan Galiñanes, e unha produción da factoría coruñesa Dygra filmes que tamén obtivo recoñecementos en varios festivais como Cádiz, Animadrid, Animacor, Sitges Festival, Alcine, Palencia Imagen ou a Semana Internacional de Cine Fantástico de Málaga. O mundo visual que explora a curtametraxe está inspirada na pintura barroca de Velazquez apartires dun relato homónimo de Oscal Wilde.
O BUFON E A INFANTA (2006)
A FLOR MAIS GRANDE DO MUNDO (2006)