23-10-2007 Este fin de semana tivo lugar a entrega de premios do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela. Entre os premiados destaca a curtametraxe Cousas do Kulechov que gañou o galardón á mellor curta galega.
A listaxe dos premiados é a seguinte:
- Mellor curta galega para Susana Rey, coa súa curta Cousas de Kulechov.
- Mellor videocreación para The tale of how, de "Blackheart Gang" (África do Sur)
- Mellor micromovie para Mestizaje, de Álvaro C. Rodríguez (Chile)
- Mellor animación para Leviathan, de Simon Bogojevic-Narath (Croacia)- Mellor ficción para We will win, de Mahmoud Hojeij (Líbano)
- Mellor documental para Les intestines de la terre, de Olivier Barbier (Francia).
- Premio do público para a curta italiana Il supplente, de Andrea Jublin.
- Premio Onda Curta otorgado pola Radio Televisión Portuguesa (RTP) para sete curtas: I want to be a pilot (Esp), Los individuos (Esp), Dreams and desires (UK), Codehunters (UK), The Tale of How (A do S), Raymond (Fra) e Face (Fra).
- Premio Compostela Plató, Historia da arte de Javier Batanero.
Os xurados estiveron compostos por:
Xurado Internacional: Alain Burosse, Sébastien Duclocher e Paz Sufrategui.
Xurado Videocreación: Roberto Barrueco, Silvia Longueira e Sinje Gebauer.
Xurado Galego: Camilo Franco, Manolo González e Ana Cermeño
Xurado Onda Curta: João Garçao, Afonso Pato e Guadalupe Arensburg.