Este grupo cinematográfico naceu en 1976 da man de Daniel González Alén. O seu obxectivo era facer un cine comarcal para a bisbarra do Deza. En total levan producidas unha ducia de películas. Conseguiron algúns premios no Festival de Cine Aficionado de Vilagarcía. - Camba e Dozón (1976), O consello de Compadre (1977), O Santuario de Faro (1977),Antroido en Brandariz (1978), Loita (1978), Lalín (1978), O campo galego (1979), Cantigas de emigración (1980), Fiadeiras de Zobra (1981), O aparato (1982).
Realizaron un importante labor de difusión proxectando as súas películas en máis de trescentas vilas e lugares de Galicia. Os compoñentes do grupo son: Daniel González Alén (productor, guionista e director), Xesús González (cámara e son) e Farruco Sixto, Carlos Taboada, María Teresa Castro, Celso González, María Xosé Fondevila, Emilio Trabazo e Aurora García (colaboradores e actores).
Filmografía (todas en Super 8):