20-02-2008 O vindeiro día 29 de febreiro, venres, as 21h30, no Teatro Principal de Compostela, terá lugar a estrea da primeira curtametraxe de Sonia Méndez.
Esta curtametraxe de ficción conta a historia dunha muller debatíndose entre os seus sentimentos e as súas obsesións. A realizadora contou cunha excelente recua de actores como Nuria Sanz, Xavier Deive, Carolina Vázquez, Alberto Rolán e Xan Martínez. A editora foi Lucía Acay e a mestura de son correu pola conta de Alberto Beade.
Perversa Lola é unha curtametraxe subvencionada pola Consellaría de Cultura e Deporte en 2007 realizada aos creadores individuais.
Sonia Méndez fai o convite a todos os interesados na fita para que acompoñen nesta primeira proxección pública.