´O máis rico (do cemiterio)´, de Jorge Fernández, en Onda Curta

07-11-2008 

Onda Curta, o programa da Galega que cada domingo pretende dar a coñecer os novos valores do audiovisual galego, emite desta volta a curtametraxe O MÁIS RICO (DO CEMITERIO), do vigués Jorge Fernández. Unha historia de intriga arredor do negocio da morte, protagonizada polo popular Avelino González, e na que tamén aparecen en papeis secundarios rostros coñecidos como o de Luís Iglesia ou Anabel Gago.

O programa informará tamén do que aconteceu na entrega de premios da III Edición do Festival Curtasnarede e máis na V Edición do Festival Acción! de Boiro, que este ano apostou decididamente polo audiovisual producido no propio concell. Ambos os eventos celebráronse a pasada semana.

Por último, a música virá da man de Apenino, o proxecto musical do compostelán residente en Vigo Marco Maril. O clip será da canción Días de Septiembre, extraído do seu segundo disco Un Rayo de Sol.

  •  

Comentarios

Enviar comentario

Código de seguridad
Normas de uso
- Estas son as opinións dos internautos, non da AAG.
- A Axencia eliminará aqueles comentarios ofensivos ou que vulneren a legalidade.
- Para publicar o comentario deberá confirmalo no seu correo electrónico.


    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade