Esta fin de semana... en Flocos TV: Ciclo Alber Ponte

20-02-2009 

Esta fin de semana, o cineclube do audiovisual galego achega ao público unha selección de curtametraxes dirixidas por Alber Ponte, o curtametraxista galego é un dos máis prolíficos do mundo. Ante este dato incontestábel Flocos TV non podía deixar pasar a oportunidade de dedicarlle un ciclo a Alber Ponte, un ciclo do que estamos seguros non será o primeiro.

Alber Ponte está considerado como o mais prolífico director de curtametraxes de España (46) e o segundo de Europa, por detrás dun islandés que xa sobrepasa os cincuenta. As súas pequenas pezas teñen acadado numerosos premios e recoñecementos en multitude de festivais estatais e internacionais. Recentemente o festival de  Regesburgen (Alemaña) recoñeceu a súa dilatada traxectoria cunha retrospectiva a e a publicación dun libro sobre a súa obra.

Entre as pezas que colgarán de flocos nesta fin de semana están:  Unha luz encendida (Primeiro Premio no Festival Internacional de Bruselas) , El origen del problema (Gran Premio do público no festival de Clermont-Ferrand), Rosita y jacinto ou Pernambuco. Todas elas contan con magníficas interpretacións de grandes actores galegos, como Nancho Novo, Luis Tosar, Luis Zahera, Fran Grela  ou Camila Bossa. 
Durante a fin de semana acompañará o ciclo,  a recuperación dunha peza cinematográfica de mediados dos 90: Isolina do Caurel de Chema Gagino, unha melancólica peza sobre a fin do mundo rural, filmada en 35 mm nunha aldea abandonada de Vilariño de Conso (Ourense) e que tivo o premio a mellor curtametraxe nos premios Agapi 97, así como mención especial do xurado internacional no Festival de cine de Bilbao. Está interpretada por Monti Castiñeiras e Manolo Lourenzo  
Flocos.TV é o cineclube do Audiovisual galego. A súa rede social xa sobrepasou os 1 000 usuarios usuarios rexistrados. E un proxecto da Axencia Audiovisual Galega da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia  

  •  

Comentarios

Enviar comentario

Código de seguridad
Normas de uso
- Estas son as opinións dos internautos, non da AAG.
- A Axencia eliminará aqueles comentarios ofensivos ou que vulneren a legalidade.
- Para publicar o comentario deberá confirmalo no seu correo electrónico.


    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade