Jaime J. Pena Pérez

Jaime Pena Pérez é natural de Miño, A Coruña. Licenciado en Xeografía e Historia e programador dende o ano 1992 do CGAI. Publicou artígos en revistas como Vértigo, Grial, Archivos da Filmoteca, Journal of Film Preservation, Letras de Cine, El Amante o Secuencias e colaborou en distintas publicacións sobre cine español, tales como o Diccionario del cine español (Alianza Editorial/Academia de las Artes y Ciencias Cinematográficas de España) ou Antología crítica del cine español (Cátedra/Filmoteca Española). Igualmente é un dos coordinadores do Diccionario do Cine en Galicia (CGAI, 2002) e do Audiovisual Galego 2003 (CGAI, 2003). É autor de El espíritu de la colmena (Paidós, 2004), premio da Asociación Española de Historiadores de Cine á mellor monografía do ano e xunto a José Luis Castro de Paz, Cine español, otro trayecto histórico (IVAC, 2005). Dende o 2006 é o director en funcións do CGAI

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade