Documental realizado no marco dun obradoiro, cos rapaces e rapazas de Petín, como homenaxe ao director Chano Piñeiro, no 10 aniversario do seu pasamento.
Para presentar a figura de Chano a quen non a coñeza abonda con recorrer a unha das súas frases máis coñecidas: "Facer cine en Galicia é posible, facer cine en galego é necesario".
O documental conta a experiencia vivida polos veciños de Petín que participaron no filme, combinada con imaxes da película, espazos da rodaxe e testemuñas diversas de persoas implicadas na produción. Tamén participan Uxía Blanco, Manolo González e Mari Luz Montes.
Valdeorras: Concello de Petín (ourense)
ObservaciónsIntegrantes do Obradoiro: Luisa González, Hiram Abuín, Gabriel Díaz, Luis Solarat.