Ante todo, Premio intenta contar a vida de alguén chamado Tín, un ser único polo peculiar modo de vida que leva. Ao noso protagonista, Tín, nada lle pode facer máis feliz que participar en todos os concursos que pode; o seu soño sempre foi vivir de premios, a pesar de que este proxecto de vida está fóra do establecido e non coincide en absoluto co que o mundo lle dicta.
A orixe do meu interés por este tema é claramente autobiográfica. Penso que sería un modo de vida fascinante sería “traballar” participando en concursos, en lugar de ter un traballo normal nalgunha profesión frustrante.
Visualmente, Premio presentará unha atmósfera colorista que reforzará o ton optimista que intenta transmitir a curtametraxe. Por outra parte, por esixencias da esencia da nosa historia, a curta non presentará un tratamento excesivamente estilizado.
Con excepcións, a maior parte do equipo técnico está composto por estudantes que rematamos 4º de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo (Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra) o curso pasado e que realizamos este proxecto extra académicamente antes de que comezar os nosos respectivos camiños laborais.
Martín Cortés ou Tín, como o coñece todo o mundo, leva un tipo de vida fóra do común, coa que persoalmente, está moi satisfeito.
Xa dende a súa infancia, o que máis lle podía apaixonar era participar en todos os concursos ao seu alcance. A todas as personas do seu entorno lles sorprende que aos 25 anos logre organizar a súa vida en función dos premios que gaña. Todos eles darán testemuña do seu punto de vista e configurarán, coma se dun mosaico se tratara, a particular vida de Tín:
A súa nai sabe que gañar calquer premio, por insignificante que sexa, é o que máis feliz fai ao seu fillo, polo que asume que non traballe e ata que deixara a carreira.O seu pai segue sen entender esa obsesión polos concursos xa que a súa máxima ilusión era que Tín estudiase unha carreira para evitarlle a dura vida do bar que eles rexentan, que por casualidade do destino, se chama Premio.
Por facer caso á teima do seu pai, Tín comezou a única carreira que lle podía dar un coñecemento teórico sobre a súa paixón, publicidade. O seu profesor de estadística ségueo considerando un dos seus alumnos máis brillantes aínda que curiosamente nunca puido aprobalo. Tín resolvía casos reais de estadística aplicada a concursos, (sorteos, promocións, etc.) de forma voluntaria pero nunca se presentaba ós exames. Non lle interesaba aprobar, tan só especializarse, mellorar a súa técnica para poder gañar máis concursos.
Os seus amigos da universidade, que sí remataron a carreira ven con certa envexa que Tín viva únicamente de premios. Pero tamén son conscientes de que é a perseverancia e o traballo o que leva a Tín a conseguir todo o que ten.Á súa ex-moza, azafata de concursos nun centro comercial, nunca lle fixo demasiada gracia a forma de vida de Tín. A ela, materialista por excelencia, encantábanlle os regalos que lle facía (procedentes dos concursos) pero ao mesmo tempo, irritáballe que sempre pagase con cupóns, bonos ou descontos. Farta da situación, decide darlle un últimatum. Últimatum que se fará efectivo cando unha emisora premia a Tín por ser o concursante máis perseverante de todos os tempos. A súa avoa, coa devoción que lle profesa ó seu neto, fixo un álbum no que garda todas as fotos e recortes nos que aparece Tín. Ademais, axudoulle a conseguir un dos máis suculentos premios, “o soldo para toda a vida” de Nescafé que lle proporcionará a Tín un sustento de por vida.
Pero a vida de Tín non sería o mesmo sen dous cómplices que colaboran activamente con el: a caixeira do supermercado e o quiosqueiro do seu barrio.
Ata aquí é unha historia peculiar pero como tantas outras, por iso, plantexamos Premio a modo de “falso documental” constituido polas declaracións destas personaxes. Únicamente coñeceremos a Tín ó final desta historia.
Cidade de Pontevedra e Aeroporto de Peinador.
ObservaciónsFinalizado e entregado na Axencia Audiovisual Galega.
Crítica: CAFÉ & CHURROS: ´Premio´, unha reflexión posmoderna!
Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/premio/