"De agora en adiante, que non veñan a xogar conmigo os que non teñan corazón". Esta frase do relato de Oscar Wilde: "O cumpreanos da infanta" foi o punto de partida desta curtametraxe.Non é apariencia o que importa senon o que hai dentro de cada un de nós
ArgumentoRecreación libre das aventuras de varios persoaxes do cadro de Velazquez "Las meninas", en especial das relacións especiais entre a Infanta e o bufón.
Todo está en calma. Os lenzos descansan nas paredes do museo. Nunha delas, o propio Velazquez se prepara para pintar un lenzo de Felipe IV e Mariana de Austria. Un retrato familiar coa sua filla, a pequena infanta Margarita. Mais axiña, desde o interior dun dos cadros irrompe un bufón anano que corretea por toda a estancia do museo. O anano atrae a atención da Infanta, que abandona o seu cadro para xogar con él.
Animación 3D
ObservaciónsProxecto subvencionado polo ICAA.
Premio do xurado xove ao mellor curtametraxe español na Semana Internacional de Cine Fantástico de Málaga; Primeiro Premio de Animación no II Certamen de Cortos El Milagro; Segundo Premio de Animación Dixital 3D no Certame Nacional Fernando Quiñones; Terceiro premio no XXX Certamen Nacional de Cortometrajes de Palencia Imagen; Foi candidato á mellor curta de animación española nos premios Goya 07 e seleccionado para súa emisión en “Versión Española” de La 2 de TVE, ao igual que a Televisión de Galicia, que xa emitiu a curtametraxe no programa “Onda Curta”. Candidato aos Mestre Mateo 07 da Academia Galega do Audiovisual.
Seleccionado para os festivais de Animadrid, Sitges, Animacor, Ponferrada, Alcine...
Estrea oficial en Onda curta (TVG) o 27/01/2008
Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/o-bufon-e-a-infanta/