FORMULARIOS TRUCULENTOS (2006)

Equipo técnico

Director/a: José Luis Díaz García
Guión: José Luis Díaz García
Productor/a: José Luis Díaz García
Director/a de fotografía: Vicente López Díaz ´Txapu´
Director/a -Xefe de produción: Lola Liñares
Montaxe: Sandra Varela
Xefe/a Son: Daniel Patiño
Maquillaxe/ perruquería: María Illobre

Equipo artístico

Outros datos

  • Formato:  Curtametraxe
  • Xénero: Comedia
  • Modalidade:  Ficción
  • Convocatoria:  Curtametraxes
  • Formato gravación: HD
  • Duración: 20 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Orzamento:  13.545€
  • Subvención concedida:  5.000€
  • Ano de produción:  2006
  • Ano de subvención:  2006
  • Email: cocoebobo@hotmail.com
  • Data inicio rodaxe: 06/10/2006
  • Data fin rodaxe: 10/10/2006
  • Data estrea: 23/07/2007
   Descrición

Do mesmo xeito que cada un conta a feira segundo lle vai nela, os protagonistas desta curta (aínda que ben poderiamos falar dunha mini-longametraxe) contan a súa historia mediante o xénero cinematográfico que máis os define.
A trama principal sitúa ós políticos á altura dos grandes gángsteres e ós funcionarios nun trepidante mundo de intrigas e corruptelas. Pero ademais das bazas clásicas do cine negro como son a violencia e as persecucións, a curta conta con grandes doses de amor, suspense, música, baile, sexo... e todo mesturado a través do humor.
Despois da curta de cine mudo "Coco e Bobo de paseo pola realidade", o mesmo equipo técnico e artístico (dentro do posible) xuntámonos de novo para xogar a facer cine nesta produción moito máis ambiciosa. Gominola de Can avanza 40 anos para chegar á época dourada de Hollywood. Pero non xa contentos con parodiar un xénero atrevémonos con tres.

   Argumento

Fernández vive a vida como cine negro. É o encargado das solicitudes da Bolsa de Alugueiro, e cóntanos como entrou a formar parte do mundo do funcionariado da man do corrupto Sr. Bouzas e a súa banda de políticos a soldo grazas á axuda que prestou amañando as últimas eleccións.
Unha de tantas noites celebrando cos rapaces no club, cando está a piques de ligar coa camareira, a Srta. Floreira, chega o Sr Bouzas e interponse sen miramentos. Fernández comprende que para o xefe el non significa nada.
A Srta. Floreira vive a vida como nun musical. Non entende como pasou de ser camareira dun club a secretaria xefa do importante Sr Bouzas. O resto de secretarias advírtenma de que caeu nas fauces do lobo cando o xefe chámaa ó despacho. O Sr. Bouzas só quere abusar dela encadeándoa ós baixos do seu escritorio. Alí a Srta. Floreira atopa á anterior secretaria xefa.
Durante as eleccións, mentres Fernández desempeña a súa labor de acarrexo escoita na radio que ante as sospeitas de corrupción, o Sr Bouzas fará un despido masivo no seu departamento. Fernández decide cubrirse as costas roubando do seu despacho os documentos do voto emigrante.
Na oficina o resto da banda dos políticos a soldo andan revolucionados pola nova do despido. Bótanse as culpas ós uns ós outros e prepárase unha violenta guerra entre departamentos.
Fernández roubando os documentos no despacho do Sr Bouzas atopa e libera á Srta. Floreira, e decidido a traizoar ó Sr Bouzas saen dispostos a levarlle os documentos á prensa.
Cando saen, a oficina está deserta e destrozada, só atopan a un dos políticos que antes de morrer advírteos de que o Sr Bouzas anda liquidando a todos. A parella decide escapar polos antigos arquivos do edificio do ala sur da Consellería, que leva pechada fai anos. Pero alguén lles segue os pasos.
Tras unha persecución polos sotos da Xunta o Sr Bouzas acurrala á parella disposto a matalos. Pero non están sos. Unha serie de asasinatos polas costas resolve violentamente cada unha das discusións pendentes.
Finalmente a parella escapa e lévalle os documentos á prensa, que tras un primeiro impacto de escándalo vai atemperando a nova e remata lavando a cara do Sr Bouzas que é enviado de embaixador ás Bahamas.
A parella, pola súa parte, decide vivir a súa propia historia sen música nin voces en off. Xuntos descobren un novo xénero sen conflitos.

   Localización

Edificio de Correos de Santiago de Compostela.

   Observacións

Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/formularios-truculentos/

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade