CARNE DE CAÑÓN (2006)

Outros datos

  • Formato:  Curtametraxe
  • Xénero: Aventuras
  • Modalidade:  Animación
  • Convocatoria:  Curtametraxes
  • Formato gravación: HD
  • Duración: 8 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Orzamento:  12.950€
  • Subvención concedida:  6.000€
  • Ano de produción:  2006
  • Ano de subvención:  2006
  • Email: darayavus@yahoo.es
  • Data inicio rodaxe: 01/08/2006
  • Data fin rodaxe: 01/10/2006
   Descrición

Carne de cañón é unha obra de animación de carácter experimental cun singular aspecto artístico-estético. Non se trata dunha animación realista de personaxes perfectamente proporcionados.
O estilo visual recordaranos, dalgún xeito, as pinturas de Luís Seoane mesturadas cos detalles abstractos da cerámica do Castro de Isaac Díaz Pardo.
Carne de cañón é unha historia de aventuras, enmarcada nunha illa do Caribe no século XVII, que trata sobre a escravitude, a colonización e o choque entre dúas formas de entende-lo mundo.
De cotío, a animación enténdese como cine de entretenemento dirixido o público infantil desestimando canalizar o potencial expresivo e emocional do gráfico que se pretende acadar nesta obra.

   Argumento

Atílano, percebeiro de Fisterra cae preso dun galeón Francés. Os franceses o levan xunto con máis escravos a unha colonia nuha illa no mar do Caribe.
O imperio francés explota os recursos naturais da illa e utiliza os escravos para traballar nunha mina de ouro.
Os indíxenas da illa ven como os colonizadores franceses vanse convertindo nunha ameaza para eles. A súa preocupación vai medrando, ata que nunha reunión, a tribu toma a decisión de atacar os soldados franceses.
O ataque lévase a cabo no medio da xungla cando soldados e mais escravos voltan da mina cargados de ouro. No medio da matanza, Atílano fuxe a través do bosque esquivando os perigos da salvaxe natureza e chega o peirao da fortaleza francesa. Alí consegue facerse cun barco e pon rumbo de volta cara a súa terra.

   Localización

Animacion.

   Observacións

Podes vela en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/carne-de-canon/
Crítica: CAFÉ & CHURROS: ´Carne de Cañón´, eloxio á acción pura

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade