ESTIVEN EN GALICIA E LEMBREIME DE TI (2006)

Produtoras

Outros datos

  • Formato:  Curtametraxe
  • Xénero: Experimental
  • Modalidade:  Documental
  • Convocatoria:  Curtametraxes
  • Formato gravación: HDV
  • Duración: 5 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Orzamento:  15.415€
  • Subvención concedida:  10.255€
  • Ano de produción:  2006
  • Ano de subvención:  2006
  • Email: info@esferobite.com
  • Web: http://esferobite.com/estiven
  • Data inicio rodaxe: 11/10/2006
  • Data fin rodaxe: 14/10/2006
  • Data estrea: 11/08/2007
   Descrición

É un feito innegable que a imaxe da que se alimentan aos medios promocionais do sector turístico adoecen de potenciar os tópicos, e certas realidades que casi nunca coinciden coa realidade.

Este feito fai que cando se promocione derminado lugar, se faga uso dunha imaxe que por unha banda non é representativa da realidade, e por outra non identifica á poboación desa terra.

Esto en canto a unha análise referencial dos contidos das promocións turísticas. Se entramos no eido formal, atopámonos cun gusto inexplicable polo Kitsch, que afortunadamente tampouco coincide coa realidade. Non falemos dos hiperenxebrismos que presentan, por exemplo, á poboación galega carretando sellas, vestindo a todas horas traxe rexional, e comendo tódolos días marisco ou cocido galego.

É certo que estes signos forman parte da nosa cultura, pero igualmente certo é que a realidade galega posue outros valores identificativos e diferenciadores que non se atopan aquí e que son base da nosa cultura.

En reacción a este estereotipo de identidade turística xurdiu unha nova estética, case que cibernética, que se ben esquece os anteriores conceptos, volve a propoñer outros de novo irreais e alonxados da identidade galega, e presenta unha realidade tecnificada, xogadora de golf, e amante das autopistas, ferrocarrís de alta velocidade, e autopistas da información. Parámetros todos estos que non definen a un país ou cultura autóctonas, e que non resultan para nada diferenciadoras.

Creemos que estes dous modelos imperantes son erróneos, e non representan eses valores que agradan ós visitantes de Galicia, e buscan unha identificanción cun espectador inexistente, e unha realidade igualmente inexistente ou alomenos pouco representativa da poboación.

Neste traballo proponse unha peza de videodanza que sirva como desenmascaramento desta inercia que fai que acabemos por ver estas representacións da realidade de xeito normal e que chegemos incluso ás veces a crer que realmente existen eses idearios presentados nos medios de comunicación.

A idea parte de recoller as dúas tendencias anteriormente citadas kitsch e a hightec e misturalas nun imposible.

Polo feito de seren dúas propostas antitéticas, o mero feito de presentalas misturadas desenmascarará a súa falsedade, e xerará un espírito crítico e analítico no espectador con respecto ás mensaxes publicitario-turísticas.

A proposta é a de reinterpretar dous dos conceptos identificativos da identidade galega como son a danza tradicional e a vestimenta rexional misturandoos có concepto hightec do que falabamos, e insertalos dentro dos decorados típicos cos que vense presentando o ideario da imaxe do galego.

O resultado será unha peza de videodanza que servirá de reflexión sobre o que, e o como da promoción turística actual galega, e de como se pretende representar a imaxe galega fora das nosas fronteiras.

   Argumento

Adxúntase pdf proxecto.

   Localización

A Coruña: A Mariña, Torre de Hércules, Santiago de Compostela e Praza do Obradoiro. Pontevedra: Combarro, Cambados, A Toxa, Ría de Vigo e Ponte de Rande. Ourense: As Burgas e Ponte romana. Lugo: Murallas, Praia das catedrais, Faro de San Cibrao, Mariña Lucense e Viveiro.

   Observacións

Podes vela en Flocos.tv  http://flocos.tv/curta/estiven-en-galicia/
Crítica: CAFÉ & CHURROS: ´Estiven en Galicia e lembreime de ti´ ou variacións sobre imaxes de identidade
Presentación na Fundación Luis Seoane de A Coruña cun espectáculo en directo o 11 de agosto do 2007.

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade