CONTACTOS (2006)

Equipo técnico

Director/a: Marcos Vicente del Pino Díaz
Guión: Marcos Vicente del Pino Díaz
Productor/a: Marcos Vicente del Pino Díaz
Director/a de fotografía: Daniel Morata
Director/a de arte: Sandra Diaz Frantz
Montaxe: José Manuel López

Outros datos

  • Formato:  Curtametraxe
  • Xénero: Arte e Patrimonio
  • Modalidade:  Documental
  • Convocatoria:  Curtametraxes
  • Formato gravación: Mini DV
  • Duración: 15 min
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Orzamento:  24.420€
  • Subvención concedida:  10.000€
  • Ano de produción:  2006
  • Ano de subvención:  2006
  • Email: mvpd@mixmail.com
  • Data inicio rodaxe: 05/10/2006
  • Data fin rodaxe: 10/10/2006
   Descrición

O documental Contactos busca narrar a historia do fotógrafo Virxilio Vieitez e do seu “descubrimento” artístico ao biés das súas propias imaxes e do relato das persoas que aparecen nelas. A forza das fotografías de Virxilio verase amplificada e enriquecida polo tratamiento visual impactante e innovador: as fotografías aparecerán proxectadas sobre superficies do espazos nos que orixinalmente foron tomadas. A voz en off narradora do documental será o propio Virxilio Vieitez e algúns dos protagonistas das fotografías que falarán da Galicia que foi.
A peza audiovisual será integramente tratada en branco e negro, con fin de otorgarlle maior forza expresiva a cada plano e ss imaxes serán tratadas con un novo efecto visual que superpone imaxes estáticas e planas a imaxes en movemento, o que xenera unha sensación de profundidade tridimensional que otorgará unha nova vida ás fotografías de Virxilio Vieitez e axudará a narrar a historia deste fotógrafo.

   Argumento

Virxilio Vieitez construíu sen sabelo cos seus peculiares retratos de estudio a memoria dun pobo. O álbum de Virxilio é o álbum da Galicia que foi. A través das declaracións do propio Virxilio, das súas experiencias contadas en primeira persoa, e dunha montaxe visual artística, na que o fotógrafo intégrase coas súas imaxes e as imaxes estáticas cobran vida, reconstrúese a memoria e o pasado de Soutelo de Montes, unha aldea que en realidade é todo un Pobo. O documental Contactos busca a reconstrucción poética e sentimentalda memoria histórica de Galicia ao biés dos retazos proporcionados pola testemuña fun fotografo e o o mundo evocado polas súas fotografías

   Localización

Soutelo de Montes.

   Observacións

Podes velo en Flocos.TV: http://flocos.tv/curta/contactos/

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade