A intención de Palíndromo é plasmar o mundo dende un punto de vista infantil, o máis inocente de todos. Benvidos ao apaixoante mundo da infancia, ese lugar a onde moitos nos gustaría regresar polo que ten de libre, de todo da igual, no que os adultos son un mundo aparte.
Palíndromo leva á pantalla unha confusión que no mundo dos adultos pode pasar desapercibida pero que na vida dun neno, pode estar condicionando o seu futuro.
Palíndromo trata de profundizar no universo paralelo dos nenos no que o mundo se ve doutra forma, magnificando o insignificante e simplificando feitos de maior magnitude. Trátase de reflexar as múltiples cousas nimias que aos adultos nos pasan desapercibidas e que poden constituir a fin do mundo para un neno. Por isto, céntrase na confusión dunha nena ao interpretar literalmente as palabras dun adulto
Ana ten 10 anos e acaba de conseguir un dos seus soños, a pesar de que ata ese intre, todo indicaba que non ía a conseguir nada nesta vida. Acaba de gañar a carreira de atletismo. Está feliz.
Moito antes da carreira, o seu profesor explicoulles en que consistía un palíndromo, aquela palabra que é a mesma se a les de dereita a esquerda que ao revés. Teñen que buscar un exemplo de palíndromo. Sen ser consciente, Ana comezou a obsesionarse cun deles en particular e isto lévaa a facer cousas estranas.
Ana comeza a “sobornar” aos seus compañeiros. Dalle aos seus compañeiros todo tipo de agasallos a cambio de algo que garda no seu pequeño maletín verde, ese do que nunca se separa baixo ningún concepto.
Ana comeza a deitarse na cama polo día, a horas non propias. Ninguén sabe por qué.
Un día, Ana escoita que “Máis vale soñar porque sen soños non se pode aspirar a nada”. Como calquera neno, Ana críase todo, e isto déixaa catapultada. Porque ela non soñaba. Foi aí cando comezou a obsesionarse cun palíndromo, ese palíndromo. SOÑOS.
Por iste motivo, convencida de que debe ter soños, ela déitase durante o día convencida de que durmindo máis, aumentan as posibilidades de soñar. Quere soñar. Non sabía que valor podían ter os soños, pero dende que oíra aquela frase estaba segura de que eran fundamentais para chegar a algo na vida.
Non o consegue e cambia de estratexia. É entón cando empeza a súa tarefa de mercar soños. Todo a cambio de que os compañeiros lle escriban en que consisten os soños que tiveran a noite anterior. Eses soños que lle levarán a convertirse en alguén. Nunca se separaba deles porque eran a garante de que chegaría a algo na vida. Obsesionada co tema, continúa acumulando riquezas oníricas. Le os soños que os compañeiros lle dan antes de durmir, concentrándose, intentando interiorizalos. Pero é en balde, porque Ana non logra soñar polas noites.
Chega o día da carreira. Coma sempre, acude co seu inseparable maletín. Xusto antes de comenzar a carreira o árbitro faille abandonalo. Ela resiste ata o último momento, pero finalmente ten que tiralo. Teme que sen eses soños, aínda que sexan alleos, non poida gañar.
O maletín ao caer ábrese e saen voando moitos papeis. Gaña a carreira e nese intre comprende todo. Comprende que non soñar non implica non poder alcanzar os teus soños. Comprende que hai palíndromos iguais pero diferentes.
A mesma historia seguiría unha estructura palindrómica. Se a miras ao dereito e ao revés, é a mesma
Centro de Tecnificación Deportiva (Pontevedra)Colexio Público de Maceda (Ourense)
ObservaciónsEstrea na Facultade de comunicación de Pontevedra