A morte retratada como unha oportunidade de mellorar a vida. A dos outros, claro. Esta é a premisa da que parte “O máis rico (do cemiterio)”, unha curtametraxe que pretende entreter e estimular a emoción do espectador a través da intriga e suspense
ArgumentoDurante a vida as persoas acumulan riquezas que, en moitos casos, caducan debaixo dun colchón. Unha mostra disto é que, cinco anos despois do fin da peseta, aínda queden case 2.000 millóns de euros sen seren cambiados. Unha oportunidade para todos aqueles que sexan quen de estar no momento e lugar axeitados. E entre eles, o noso protagonista. Rafael era un tipo normal ata o momento que comezou a traballar nunha funeraria. A relación cos falecidos e coas súas familias convertérono nun ser sen escrúpulos, capaz de roubar ata aos mortos. Baixo unha aparencia desordenada e caótica, agóchase un individuo calculador e sofisticado, que é quen de argallar un sistema de roubo case infalible. Para isto, desenvolveu unha complexa estratexia coa que poder asaltar vivendas baleiras sen apenas risco. Cada mañá recolle o xornal, revisa as notas necrolóxicas, e anota na súa axenda os enterros que terán lugar pola tarde. Grazas ás guías telefónicas podemos saber cantas persoas están rexistradas nunha vila con un nome ou, polo menos, dous apelidos e unha inicial concreta. Unha vez obtido este dato, basta con comprobar que non hai ninguén na súa casa no momento do enterro.
LocalizaciónAs rúas do Casco Vello de Pontevedra, o cemiterio municipal e a Funeraria Sempsa, ademais de varias vivendas particulares
ObservaciónsEstrea na Facultade de Cencias da comunicación de Pontevedra.