Esta curtametraxe animada artéllase en base á inminente visita da sogra da protagonista, Luisa debátese entre: limpar a casa ou ver unha maratón da súa serie favorita, a súa decisión terá catastróficas consecuencias…
ArgumentoLuisa é unha desilusionada nai e ama de casa. A súa sogra vai ir visitala, polo que, a muller, se debate entre limpar e recoller a casa ou ver unha maratón da súa serie favorita, a súa desafortunada decisión levará a súa casa a unha situación de abandono extremo ao ser incapaz de despegarse do televisor, a suciedade acumulada polos pasillos e estancias cobrará vida arramblando con todo aquilo que atope ao seu paso.
A nosa protagonista terá que agocharse no armario, nin sequera os súper heroes da limpeza poderán acabar co caos, soamente a determinación de Luisa porá fin a unha situación creada por ela misma, claro que, cun pouco de axuda
Os espazos da curtametraxe se condensan na casa de Luisa, un espazo común que pode ir transformandose e tornar nun aspecto de todo agás común…
ObservaciónsNominada aos Goya 2008, como mellor curta de animación.
Podes vela en http://flocos.tv/curta/o-ataque-dos-kriters-asasinos/