A historia de “O Apóstolo” é unha aventura de terror, humor e entretemento que utiliza arquetipos propios da cultura galega; peregrinos, meigas…para adentrarnos na vida dos veciños dunha pequena vila galega tratando de alonxarnos do cliché típico galego para dar unha visión máis interesante e menos estereotipada da nosa cultura.
ArgumentoPor mor dun botín dun roubo feito anos atrás, Ramón, fugado do cárcere chega a unha pequena e remota aldea da montaña de Lugo. Os aldeáns fixeron un falso desvío no camiño de Santiago para atraer ó lugar peregrinos deseoso de comida e descanso. A pesar do aillada que está a aldea, cando chega, todo son facilidades, todo o pobo festexa a sua chegada, pero algo raro se nota no ambente, todos os veciños que alí se atopan, tratan de repartirse a cada un dos peregrinos entre as suas casas. Tras pasar todo o dia coñecendo a aldea, tratando de localizar a casa onde anos atrás un compañeiro escondera o botín, chega a noite e Ramón é invitado amablemente a retirarse á pensión que lle tocou en sorte. Tras manter unha tensa conversa co dono da casa, Ramón espera á noite para sair na procura do tesouro. A partires de aquí unha serie de misteriosos acontecementos sucederanse durante a noite; meigas, ánimas en pena, turistas,…, e ata o arcevispo, coincidirán nun trepidante final
ObservaciónsEste proxecto contou cunha axuda ao desenvolvemento 13000 euros na convocatoria do 2007
Podes ver un teaser en Flocos.TV: http://flocos.tv/adianto/o-apostolo-primeiro-teaser/