OS CREBINSKY. O FILME (2008)

Equipo técnico

Director/a: Enrique Otero Suárez
Guión: Enrique Otero SuárezMiguel De Lira
Productor/a: Enrique Otero SuárezMiguel De Lira
Produción executiva: Farruco Castroman
Compositor/a música: Pablo Pérez
Director/a de fotografía: Sergio Franco Rabuñal
Director/a de arte: Juan Pablo EtcheberryCesar MacarrónFernanda Cuíña
Director/a -Xefe de produción: María Liaño EspañolPilar Pérez Solano
Montaxe: Fernando Alfonsín Mouriño
Xefe/a Son: Xavier Souto
Axudante de dirección: Sandra Montes Pombo
Rexedor: Ángel Amaro
Script: Xosé Antón Perozo Porteiro ´Ozo´
Maquillaxe/ perruquería: Raquel Fidalgo FernándezSusana Vieira
Perruquería: Susana Vieira
Axudante de produción: Sergio Gil
Axudante de son: Daniel Fernández

Equipo artístico

Produtoras

Empresas Servizos

Outros datos

  • Formato:  Longametraxe
  • Xénero: Comedia
  • Modalidade:  Ficción
  • Convocatoria:  Producción
  • Formato gravación: 35 mm
  • Idioma gravación / Rodaxe:  Galego
  • Orzamento:  1.365.455€
  • Subvención concedida:  323.630€
  • Ano de produción:  2008
  • Ano de subvención:  2006
  • Email: estudiocontrol@gmail.com
  • Data inicio rodaxe: 15/09/2008
  • Data fin rodaxe: 30/10/2008
   Descrición

CREBAS
Obxectos de máis ou menos valor que o mar deposita na costa
CREBINSKY
Referente ás persoas que teñen como principal actividade andar ás crebas.
Os Crebinsky nunca chegan polo atallo á solución dos problemas que se lles formulan nas distintas aventuras. O seu modus operandi, froito dunha lóxica propia, ten no imprevisto e no improvisado dúas das súas características máis habituais. Sen embargo, aínda que opostos, son complementarios e acaban resolvendo as situacións en equipo e da maneira máis inesperada. Poden tardar máis tempo, pero resolven as cousas á súa maneira. Un exemplo: para transportar dous bidóns, non levan cada un o seu, senón que fan unha cadea humana e vanse pasando os dous bidóns entre eles.
Utilizan unha linguaxe abreviada, con frases simples e directas, resultado da mestizaxe da súa procedencia: seu pai ruso, súa nai galega; co engadido de térense criado e crecido coa única compañía dunha vaca. Outra consecuencia da lóxica propia da que antes se falaba.
E esta lóxica Crebinsky tamén está presente no uso que lles dan ós obxectos que van encontrando (crebas) e a maneira de reciclalos. O decoñecemento do uso real dos obxectos lévaos a utilizalos para crear novos mecanismos de grande enxeño artesanal, para usos funcionais no seu ritmo cotián. Outro exemplo: cunha vella hélice fan un cataventos decorativo no tellado, e cando hai vento, axudándose dun tronco-eixe e dunhas madeiras en forma de aspas pódeno usar de batedora; ou, cunhas cordas, de espantamoscas para a vaca. Estes mecanismos estarán soportados polas enerxías naturais que os rodean: o vento, o lume, a forza das mareas etc...
Así pois, a lóxica Crebinsky e a capacidade de reciclaxe enxeñosa son os dous elementos máis determinantes do que se podería definir como Universo Crebinsky.
Crebinsky a película é a aventura de dous irmáns que viaxan sen saber a onde van e que, sen querelo, acaban descubrindo de onde veñen.
Pero Feodor e Mijail non son dous irmáns calquera metidos nunha peripecia calquera. Non. Feodor e Mijail son os irmáns Crebinsky, que é moito máis definitorio. Non en van as fontes das que beben Os Crebinsky teñen moito a ver co cine mudo dos grandes cómicos universais (Buster Keaton, Chaplin...) e co enxeño creativo e xestual de cómicos contemporáneos, mesturado co encanto visual da imaxe e dirección artística máis elaborada (Delicatessen, Underground...) e o realismo máxico que encontramos abundantemente en autores galegos desde Cunqueiro a Rivas.
Por todo isto, Crebinsky a película buscará un humor áxil, baseado en situacións que bordean o fantástico, pero sempre nun marco realista. A particular maneira que teñen os irmáns de relacionarse coas cousas e coas persoas que van encontrando nesa busca-viaxe, e o seu carácter imaxinativo pero anacrónico confírelle ao filme un ton que ben poderiamos definir como Realismo Fantasioso.

   Argumento

Esta é a historia de dous irmáns, os Crebinsky, que naceron froito do amor entre Vladimir Crebinsky, Piloto ruso que chegou ás nosas terras tras sufrir o primeiro accidente aéreo da historia, e Maria Cribeiro, unha nativa que na súa actividade diaria percorrendo o río atopou a Vladimir, con quen compartirá o resto da sua vida.
Tras uns anos de amor, e despois de enxendrar aos protagonistas desta historia, Feodor e Mijail Crebinsky, nunha fermosa tarde de verán, Vladimir e María morren aplastados por unha árbore. Feodor e Mijail quedan sos no mundo.
Pouco despois, unhas chuvias torrenciais provocan a chea do río, que asulaga a aldea na que viven. A corrente arrástrao todo, e con ela a Feodor, Mijail e máis á súa vaca, que aparecen milagrosamente vivos nun lugar da costa.
Crecen alí, ó pé dun faro, e pasan uns anos felices sobrevivindo a base de recoller cousas que trae o mar, as crebas.
A súa existencia empeza a complicarse cando na costa aparecen uns saqueadores ou piratas de terra que provocan o afundimento dos barcos con falsos sinais luminosos, levando con eles todo aquilo que chega á praia, mesmo as crebas que supoñían o sustento dos crebinsky.
Ao mesmo tempo, vense enredados nunha absurda guerra que aínda lles complicará máis a vida.
Sen saber moi ben por que, inician entón, guiados pola súa Vaca, unha viaxe existencialista que os levará cara á sua orixe.
Unha road movie de absurdas persecucións, viaxes interiores e encontros inesperados: Os Crebinsky viaxan sen saber a onde van e, sen querelo, acaban decubrindo de onde veñen.

   Localización

Ortigueira, Mañón, Portomarín, Santiago de Compostela

   Observacións

Trailer en Flocos.TV: http://flocos.tv/adianto/crebinsky-o-filme/

    Mapa web  |  Nota legal  |  Accesibilidade